Certificación de calidade ISO 22000

hec Nutrición animal

A calidade e seguridade dos nosos produtos para a alimentación de animais sempre foron a nosa prioridade tanto a través da investigación continua como do investimento e co escrupuloso seguimento de todos os días dos procedementos de traballo seguro durante os últimos corenta anos. Así, grazas á calidade conseguida nos nosos produtos e á seguridade comprobada que demostraron nos exhaustivos ensaios realizados por laboratorios externos acreditados, conseguimos en 2012 a certificación ISO 22.000 de calidade e seguridade nos alimentos para animais outorgado pola prestixiosa empresa alemá TÜV. Esta certificación demostra o noso compromiso coa calidade e non só o cumprimento das normas existentes en materia de seguridade alimentaria, senón que seguimos moito máis nos niveis de calidade e seguridade dos nosos produtos. O noso obxectivo é ofrecer aos nosos clientes a máxima tranquilidade na alimentación dos seus animais.